es
Boeken
Afonso Eiré

Memorias dunha vaca marela

“Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota…”.
Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.
Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial, desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica.
“Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar da Lucenza”.
E a Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e coa sabedoría de vivilo.
Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría do narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe… ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!
A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa.
Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois veranse nel, dun xeito ou doutro, retratados.
Deixouno escrito Castelao: “O día que saibamos o que vale unha vaca, Galiza quedará redimida”.
224 afgedrukte pagina’s
Oorspronkelijke uitgave
2023
Jaar van uitgave
2023
Hebt u het al gelezen? Wat vindt u ervan?
👍👎
fb2epub
Sleep je bestanden hiernaartoe (maximaal 5 per keer)