Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a obriga?— de escoller entre dúas mulleres e cadanseu mundo. Pode embarcarse no trepidante calote a grande escala que lle propón Moira Langtry, a súa amante, unha sofisticada sedutora que intúe o inicio da súa decadencia, ou pode abrazar a tentadora mediocridade dunha vida decente coa súa enfermeira, a anxelical e doce Carol Roberg, a inocencia personificada. Mal sabe Roy que na realidade non ten elección, pois a única muller do seu universo sempre será Lilly Dillon, a nai cínica e desnaturalizada a quen tanto odia e tanto ama, reaparecida tras anos de separación para salvarlle a vida e complicarlla asemade.